InicioSociedadeVigo mantense como a área na que máis crecen os contaxios: outro...

Vigo mantense como a área na que máis crecen os contaxios: outro centenar en 24h

Os casos activos caen a 2.347, , 14 menos que este luns.

PUBLICADO O

Os contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia tras sumar 409, deles 388 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 489 do luns. Tamén os casos activos baixan a 9.060, medio centenar menor que a xornada anterior.

Concretamente na área de Vigo, confirmáronse 97 contaxios por PCR nas últimas 24 horas, e mantense así como a área na que máis aumentan os casos de coronavirus. No tocante aos casos activos, na área sanitaria de Vigo caen a 2.347, 14 menos que este luns.

Ademais, as persoas ingresadas con coronavirus baixan a 105 os ingresados  –dous menos que este luns–, deles 23 en UCI –dous menos– e 82 noutras unidades. Ata a data curáronse nesta área 5.876 persoas e realizáronse 161.737 PCR.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...