InicioSociedadeVigo suma case un cento máis de contaxios por coronavirus

Vigo suma case un cento máis de contaxios por coronavirus

Os casos activos descenden ata os 2.361 --81 menos que este domingo--.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo suma outros 92 contaxios de Covid, segundo se desprende dos datos actualizados este luns pola mañá na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste domingo. Deste xeito, os casos activos descenden en Vigo ata os 2.361 –81 menos que este domingo–.

No conxunto de Galicia, os contaxios de Covid-19 seguen en descenso con 444 detectados con respecto ao domingo, 442 positivos deles confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que os casos activos seguen en caída e sitúanse en 9.110. A única área sanitaria na que soben os casos activos é a da Coruña e Cee.

TUI E NIGRÁN PASAN A ALERTA VERMELLA

En canto á listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia da pandemia do coronavirus na última semana, esta repuntou este luns a 38, catro máis que o domingo. Isto débese a que volveu a activarse o aviso máximo nas localidades nas pontevedresas de Tui, Vilagarcía de Arousa e Nigrán, ademais das coruñesas de Pontedeume e Ordes.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...