InicioSociedadeVigo é a área que máis positivos detecta en 24 horas

Vigo é a área que máis positivos detecta en 24 horas

Todas as áreas sanitarias anotaron un descenso na cifra de casos activos. Vigo continúa como líder, con 2.442, aínda que son 66 menos que os que rexistraba o sábado.

PUBLICADO O

Vigo volve ser a área que máis positivos detectou con 149, aínda que isto significa unha caída de 65 sobre os novos casos notificados o sábado.

Ademais, a área sanitaria de Vigo pasa este domingo o limiar do centenar de hospitalizados ao incrementarse en nove respecto ao anterior balance e situarse en 103. Os pacientes en críticos seguen en 26, sen cambios.

Todas as áreas sanitarias anotaron un descenso na cifra de casos activos. Vigo continúa como líder, con 2.442, aínda que son 66 menos que os que rexistraba o sábado.

Sobre os concellos en alerta máxima, na provincia de Pontevedra están en ‘vermello’ os concellos da Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño e O Porriño.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...