InicioSociedadeO centro de Doral Residencias de Mos ten case 150...

O centro de Doral Residencias de Mos ten case 150 contaxiados entre usuarios e empregados

Ademais, notificáronse nas últimas horas 34 novas infacións entre os traballadores deste centro, que ata este venres contabilizaba tan só 14 positivos.

PUBLICADO O

O centro privado de DoralResidencias en Mos detectou nas últimas 24 horas 131 novos casos de coronavirus entre os seus usuarios e empregados. En total, estas instalacións contan agora con 145 positivos por COVID-19.

De acordo cos datos ofrecidos este sábado pola Consellería de Política Social, este complexo residencial reportou 80 novos casos entre anciáns e 17 entre persoas con discapacidade. Ademais, notificáronse nas últimas horas 34 novas infeccións entre os traballadores deste centro, que ata este venres contabilizaba tan só 14 positivos.

Esta residencia, que conta con 217 usuarios e 265 empregados, contabilizaba tan só 14 positivos ata este venres. A pesar do aumento rexistrado nas últimas horas, a conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou en declaracións á Radio Galega que o centro “conta con todos os medios humanos e materiais necesarios”, polo que por agora non se atopa intervido pola súa Consellería.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...