A área de Vigo rexistra 214 novos casos por COVID

Os casos activos na área de Vigo son 2.508, cun aumento de 58 novos doentes.

Panoramica Alvaro Cunqueiro
Hospital Álvaro Cunqueiro/Miguel Nuñez

A área sanitaria de Vigo mantense como foco, con 214 novos casos en 24 horas, catro menos que o día anterior.

As probas PCR deron o resultado dun 10,9% nesta área que a colocan en terceiro lugar despois de Lugo e Ferrol. Os casos activos na área de Vigo son 2.508 pacientes, cun aumento de 58 novos doentes.

En total, Galicia notifica 640 positivos por coronavirus en 24 horas, o que implica unha lixeira subida de 15 con respecto aos 625 de hai un día.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here