InicioSociedade"Viven en condicións infrahumanas"... así falan traballadores da situación dos maiores da...

“Viven en condicións infrahumanas”… así falan traballadores da situación dos maiores da residencia de Salvaterra

Denuncian que algúns teñen últceras por non cambiar os cueiros e outros son pechados nos cuartos.

PUBLICADO O

Maiores con úlceras sangrantes e unha situación deplorable, algúns deles pechados no propio cuarto, durmindo en colchóns rotos e sucios, e con lixo e porcallada en distintas estancias. Así é a situación que se atoparon o colectivo de  traballador@s de Residencias de Galicia (Trega) na residencia de Salvaterra de Miño, intervida pola Xunta  a finais de outubro polo contaxio masivo dos seus usuarios.

Hoxe, a practica totalidade dos internos, segundo os traballadores públicos, están contaxiados. Son máis dun cento de prazas, das que 60 son beneficiarias de cheque asistencial da Xunta e 12 concertadas coa Administración Pública. A Xunta fala oficialmente de 11 mortos xa, mentres que os traballadores elevan a cifra a máis de 20. É tal a situación caótica deste centro que a presidenta de TREGA, Sonia Jalda, fala de “condicións infrahumanas e inhumanas”.  Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...