InicioSociedadeSanidade avanza a Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol a posibilidade de implantar...

Sanidade avanza a Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol a posibilidade de implantar máis restricións

O conselleiro destaca que, a pesar das medidas implantadas, "a tendencia segue en crecemento" nas áreas máis preocupantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, celebrou este xoves a súa segunda rolda de reunións cos rexedores dos concellos que máis preocupan na evolución da pandemia, aos que avanzou a posibilidade de que, tendo en conta os datos, implantar este venres “algunha restrición adicional”.

En concreto, tras os encontros mantidos o mércores cos alcaldes de Santiago, Teo e Ames, o xoves foi a quenda dos rexedores de Pontevedra, Lugo, Ferrol e Vigo.

Así, durante as reunións coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o conselleiro trasladoulles a súa “preocupación” pola “evolución dos positivos” e polo “incremento que se mantén” nestas urbes.

García Comesaña lembrou que se tomou a decisión de non implantar medidas novas ao comezo de semana dado que “estaba recentemente posta a medida de restrición da mobilidade nocturna” e facía só unha semana da limitación de reunións a cinco persoas en toda Galicia.

“Pero, o certo é que, a pesar desas medidas, vemos que a tendencia segue en crecemento, co cal, anticipamos a posibilidade de que na reunión do comité clínico de mañá se propoña algún tipo de restrición adicional nestes dous municipios“.

Julio García Comesaña explicou que a situación “complexa” de todos estes concellos analizarase “ao detalle” na reunión deste venres, e determinaranse as medidas necesarias tendo en conta que se trata dun “momento especialmente delicado”, máis esta mesma fin de semana coa festividade de Todos os Santos.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...