Cinco mortos máis, un en Vigo, elevan a 836 as vítimas con covid-19 en Galicia

Cinco deles están relacionados con residencias de maiores.

Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro / © Miguel Núñez.

A Consellería de Sanidade notificou este martes cinco falecementos vinculados coa covid-19 en Galicia, un deles vinculado a unha residencia de anciáns, co que a cifra de mortos por mor da pandemia sitúase xa nos 836.

En concreto, informouse do falecemento de dúas mulleres de 73 e 78 anos que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no Complexo Hospitalario da Coruña; así como de dous homes de 84 e 83 anos ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario de Vigo.

Ademais, faleceu unha muller de 91 anos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

Con estas cinco últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da ‘nova normalidade’ ascende a 217 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here