InicioSociedadeA área de Vigo supera os 500 contaxios logo de detectar 21...

A área de Vigo supera os 500 contaxios logo de detectar 21 novos casos

Galicia suma outros 250 positivos dende o martes.

PUBLICADO O

Galicia rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 86 na área sanitaria de Ourense e 41 en Santiago e outros 51 na Coruña.

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá deste mércores con datos recolleitos ata as 18,00 horas do martes, o resto de áreas sanitarias contabilizaron nas últimas 24 horas 26 positivos máis en Vigo; 21 na de Pontevedra e O Salnés; 16 en Ferrol e 13 na de Lugo.

En canto aos casos activos, ascenderon con respecto ao martes a 4.601, o que supón 91 máis na Comunidade galega e os pacientes curados incrementáronse a 22.277, que implican 154 máis.

Por áreas sanitarias, a de Ourense conta con 1.605 casos activos (+42 con respecto ao martes); a da Coruña ten 765 (+20); Santiago, 628 (+4); Vigo, 512 (+16); Pontevedra, 469 (sen cambios); Lugo, 475 –dous menos–; e Ferrol, 147 –11 máis–.

Ata a data faleceron 797 persoas, das que as últimas 11 vítimas foron notificadas este martes. Ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá deste martes, ao longo da xornada notificáronse outro sete falecementos –tres tamén relacionados con residencias– de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

A Comunidade galega rexistrou ata a data 27.675 contaxiados por Covid-19 e realizou 560.887 PCR –fronte ás 556.927– e 364.292 probas serológicas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...