InicioSociedade"Houbo unha mala investigación", di no xulgado por primeira vez en 18...

“Houbo unha mala investigación”, di no xulgado por primeira vez en 18 anos a nai de Déborah Fernández

Déborah Fernández-Cervera desapareceu en 2002 aos 21 anos, despois de saír a correr pola zona de Samil en Vigo. O seu corpo apareceu no Rosal.

PUBLICADO O

Rosa Neira, a nai da moza viguesa Déborah Fernández-Cervera, cuxo cadáver apareceu nunha cuneta do Rosal en maio de 2002, declara este venres no xulgado de Tui por primeira vez en máis de 18 anos e, antes de comparecer ante a xuíza, apuntou que “non hai crime perfecto, hai unha mala investigación“.

Así, en declaracións aos medios antes de entrar no xulgado de instrución número 2 de Tui, Rosa Neira lembrou que “é a primeira vez despois de case 19 anos” na que se lle vai a tomar declaración en relación co crime da súa filla. “Para min é unha pequena vitoria dentro deste proceso tan longo“, afirmou.

A nai de Déborah proclamou que “non hai crime perfecto, hai unha mala investigación, unha infumable instrución e un espírito corporativo, por abordar o mal facer de atrás”. Segundo sinalou, por primeira vez desde que se descubriu o cadáver de Déborah poderá explicar ante un xuíz o que viviu. “Pido xustiza e saber a verdade, nada máis”, aseverou, e engadiu: “Non veño soa, veño da man de Déborah, dos meus outros fillos, do meu marido e dunha chea de persoas anónimas que me están acompañando. Isto xa non é un palacio de xustiza, é a casa dos espíritos bos, ou iso esperamos”.

Pola súa banda, a irmá de Déborah, Rosa Fernández-Cerveira, subliñou que este venres “é un día superimportante” para a súa familia, e o feito de que a súa nai vaia a declarar por primeira vez dálles “alento” para “seguir querendo saber a verdade”.

“NEGLIXENCIAS” NA INVESTIGACIÓN

Déborah Fernández-Cervera desapareceu en 2002 aos 21 anos, despois de saír a correr pola zona de Samil en Vigo. O seu corpo foi atopado espido, rodeado de pistas falsas, unha semana despois nunha cuneta no concello O Rosal, a uns 40 quilómetros de distancia.

Aínda que o caso pechouse sen resolver, o pasado mes de novembro o Xulgado de Instrución número 2 de Tui  acordou a súa reapertura para proceder á práctica de novas actuacións. Nos últimos meses producíronse declaracións de varias testemuñas, aínda que nunca ata agora fora citada a nai da vítima.

A familia de Déborah leva anos denunciando supostas “neglixencias” na investigación policial e na instrución (probas que “se pasaron por alto”, “contradicións” en varias declaracións, a inspección tardía do coche da súa ex parella, etc.) e, tras conseguir a reapertura do caso, solicitaron diversas declaracións e dilixencias, entre elas o duplicado dun disco duro que pertenceu á moza.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...