InicioSociedadeA área de Vigo rexistra o maior número de recuperacións pola Covid,...

A área de Vigo rexistra o maior número de recuperacións pola Covid, mentres aumentan en case toda Galicia

PUBLICADO O

Galicia rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 con respecto á xornada do domingo e os casos activos sitúanse en 4.101 este luns. A área sanitaria de Ourense rexistrou o maior incremento de casos activos, con 91 máis.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, os casos activos de Covid-19 aumentaron nas áreas de Ourense (91 máis con respecto ao domingo), que conta con 1.037; A Coruña, que ten 820 (un máis); Lugo, que conta con 495 (dous máis) e Ferrol, que se sitúa con 117 (un máis).

Por contra, os casos activos descenderon nas áreas sanitarias de Vigo, que conta con 419 (26 menos); Pontevedra, que se sitúa con 685 (catro menos) e Santiago, que rexistra 528 (dous menos).

Ata a data en Galicia hai 20.170 persoas curadas, o que supón 189 máis que o domingo, e 757 falecidos con Covid, tras as últimas vítimas comunicados na tarde do domingo, que corresponderon a dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedentes da residencia As Salinas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...