InicioSociedadeA área de Vigo segue estancada, nin crecen nin diminúen os contaxios

A área de Vigo segue estancada, nin crecen nin diminúen os contaxios

PUBLICADO O

Os casos de coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia ascenden a 141, mentres que a cifra de vítimas mortais sobe en dúas, ata un total de 731 falecementos con COVID, segundo a actualización de datos da Consellería de Sanidade deste luns. Na área de Vigo as cousas seguen igual.

As últimas mortes relacionadas coa pandemia son as dun home de 61 anos de idade que faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), pero que procedía da residencia de Outeiro de Rei, e presentaba patoloxías previas, así como o deceso dunha muller de 103 anos que morreu na residencia As Salinas (Ourense).

Segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade, a Comunidade galega conta con 4.353 casos activos de COVID-19 –persoas que aínda teñen a enfermidade–, 79 menos que hai un día.

Por áreas sanitarias, dúas delas rexistran este luns unha subida de casos activos, ao pasar a de Ourense de 728 a 743 e a de Santiago de 577 a 583, mentres que a de Vigo mantense invariable en 512 casos. Pola súa banda, os casos baixan a 999 na área da Coruña, 552 na de Lugo, a 811 na de Pontevedra e a 153 na de Ferrol.

GRAO DE OCUPACIÓN HOSPITALARIA

Do total de pacientes positivos, 32 están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), o que supón un menos que o domingo, pero 210 afectados están en unidades de hospitalización, o que supón unha ducia máis que na xornada anterior. Pola súa banda, baixan en 90 as persoas que seguen a enfermidade no seu domicilio, ata as 4.111.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destaca que por agora en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas. O número de PCR realizadas ata o momento é de 469.694, o que supón 4.353 máis que na xornada do domingo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...