Os centros e escolas infantís de Galicia rozan xa os 220 positivos por COVID-19. En concreto, os contaxios alcanzaron os 219 tras detectarse polo menos outros 20 máis respecto da xornada deste xoves e que obrigan a manter unhas 54 aulas pechadas nestas instalacións.
Os datos que manexa a Xunta de Galicia revelan novos centros nos que se detectaron contaxios nos municipios da Coruña, Sada, Ames, Boiro, Lugo, Bande, O Barco, Ourense, Vilanova de Arousa, Tui e Vigo.
Así mesmo, desaparecen da listaxe o CPR Rial de Cee, o IES de Cacheiras de Teo, o CEIP Plurilingüe Concepción López Rei de Baleira, o IES da Cañiza, o CPR Estudio de Nigrán e a escola infantil Dalila de Marín, que este xoves aínda contaban con casos activos por coronavirus.
Entre os novos casos, o CEIP Plurilingüe Concepción Arenal da Coruña rexistrou un positivo, do mesmo xeito que o CEIP de Sada e a súa contorna.
Outros dous centros sufriron casos na área de Santiago: a escola infantil de Milladoiro, en Ames, e o CEIP Santa Baia de Boiro, cun en cada un, xunto a outro que se detectou no CEIP das Mercedes, xa na cidade de Lugo.
No Barco, pola súa banda, un positivo no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa obrigou a pechar unha das unidades do centro. Tamén se constataron contagios no IES Aquis Querquernis de Bande, o CEIP Curros Enríquez e o IES Otero Pedraio, estes dous últimos en Ourense.
O IES Basella e o CEIP Plurilingüe Julio Camba, ambos en Vilanova de Arousa, contan cun caso de COVID-19 en cada un, do mesmo xeito que o CIFP Manuel Antonio e o CPR Plurilingüe Barreiro de Vigo, todos eles sen unidades clausuradas.
Con todo, un novo positivo detectado no CPR Plurilingüe Nº 2 do municipio de Tui obrigou a pechar unha das aulas deste centro.
ZONAS MÁIS AFECTADAS
Os tres centros con máis casos sitúanse en Pontevedra, Ourense e Vigo. O CPR Calasancio segue con seis positivos nas súas instalacións, pero xa reabriu todas as aulas. Doutra banda, CEIP As Mercedes de Ourense conta con cinco positivos e unha unidade pechada, mentres que o CPR María Auxiliadora ten catro contagios e unha unidade afectada.
A Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo, que conta co maior número de unidades clausuradas, son as áreas con maior número de casos nos seus centros, ao contar con 45, 41 e 37 respectivamente. Pola súa banda, Ferrol mantense con 6, Lugo con 25 e Ourense con 28.