InicioSociedadeA Universidade de Vigo completa sen incidencias o inicio do curso coa...

A Universidade de Vigo completa sen incidencias o inicio do curso coa incorporación dos alumnos de 1º

A pandemia condiciona o arranque do curso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As tres universidades galegas abriron este luns as portas dos seus campus para miles de alumnos “sen incidencias” e “con normalidade” dentro da “anormalidade” que supón a pandemia da COVID-19. Así, a obrigatoriedade do uso de máscaras e de gardar a distancia interpersoal, ademais da semipresencialidade da docencia, foron as claves do arranque do curso 2020/21.

E é que o principal obxectivo das tres institucións académicas galegas –Santiago, A Coruña e Vigo– é lograr a máxima asistencia posible ás clases, pero garantindo as condicións de seguridade e o cumprimento das directrices sanitarias e dos protocolos de cada facultade.

En canto á Universidade de Vigo (UVigo), este luns completou o inicio do curso coa incorporación dos de 1º, aínda que nas dúas anteriores semanas xa había alumnos de 2º, 3º e 4º nos seus centros. O reitor, Manuel Reigosa, explicou que será un curso “diferente”, á vez que destacou a “capacidade de adaptación” da institución.

A súa aposta é “combinar a máxima presencialidade posible cun coidado exquisito da saúde”. En concreto, segundo datos da propia universidade, a docencia presencial de ao redor de 20 graos e 30 másteres combinarase cun sistema mixto que alternará entre aulas e Internet. Para iso, a UVigo creou o ‘Campus Integra’, que permitirá esta alternancia, e puxo en funcionamento o portado de teledocencia ‘Moovi’.

Ademais, implementáronse distintas solucións para permitir o mantemento da distancia de seguridade, como a ampliación de aulas e a instalación en cada asento dun sistema ‘QR’ que permitirá o rexistro obrigatorio de cada alumno para facilitar a súa localización en caso de detectarse un positivo. Cada centro terá un responsable COVID encargado do rastrexo e do manexo desta información.

Ademais, co obxectivo de “crear unha contorna segura e comezar o curso cunha foto fixa” da extensión do coronavirus entre a comunidade universitaria, a UVigo realizará a partir desta semana case 3.000 probas PCR ao persoal docente e investigador (PDI) e de administración e servizos (PAS), á parte dunhas 200 probas aleatorias que se realizarán semanalmente e con preferencia no alumnado.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...