InicioSociedadeA área de Vigo, a terceira na que máis soben os casos...

A área de Vigo, a terceira na que máis soben os casos de Covid en Galicia

PUBLICADO O

Galicia detectou 253 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, unha cifra maior aos 209 contaxios notificados o luns. En canto aos casos activos, volveron a aumentar, ata 4.301, tras encadear xornadas de descenso. Tamén na área de Vigo houbo un ascenso de casos.

Segundo os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do luns, o número de persoas curadas aumentou nun día en 211, ata o total de 15.651 desde o inicio da pandemia. Ademais, as mortes subiron en cinco con respecto ao parte ofrecido este luns, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus na Comunidade son un total de 694.

Por áreas sanitarias, hai catro que rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra volve ser a que máis sobe, con 49 persoas infectadas que pon o total en 552. Tamén aumentan nas áreas de Santiago, ata os 673 (+33); en Ourense, ata 503 (+21); e en Vigo, ata 373 (+12).

En canto ao tres restantes, anotan descensos nos contaxiados por coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade de casos activos, un total de 1.246, aínda que baixan en 51 con respecto ao luns. Ademais, descenden en Lugo, ata 772 (-23); e en Ferrol, ata 182 (-4).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...