O Marisquiño foi seleccionado como un do tres finalistas dos Premios Eventoplus, que outorga o grupo homónimo, na categoría de Mellor Evento Deportivo do Ano en España e Portugal. Segundo trasladou nun comunicado o acto que acolle Vigo, a final da Copa Davis en Madrid e Adidas, a batalla definitiva, foron os outros dous eventos clasificados para optar ao galardón.
Os organizadores do Marisquiño celebraron que este festival se convertese en finalista do premio xunto outros dous que cualificaron como “extraordinarios”. Deste xeito, valoraron o apoio das institucións, as marcas privadas, o ‘staff’ e o público que posibilitan a realización deste evento de cultura urbana.
Os Premios Eventoplus representan o distintivo máis importante do sector en España e Portugal e aspiran a mellorar, profesionalizar e fomentar as boas prácticas. Ademais, buscan potenciar a creatividade e recoñecer o talento e a implicación de distintos actores deste ámbito, como os provedores, as axencias e os clientes.