InicioSociedadeVigo contén os contaxios da Covid

Vigo contén os contaxios da Covid

PUBLICADO O

Galicia detectou 214 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, que, a pesar de ser unha importante cifra de contaxios é a menor en seis días, e o total de casos activos incrementouse en 68, ata situarse en 4.243, de acordo cos datos que proporciona este luns a Consellería de Sanidade, tomados na tarde do domingo. En Vigo houbo o mesmo número de casos novos que de curados.

O último parte recolle que se curaron na Comunidade galega un total de 13.792 persoas, que son 143 máis das que constaban o domingo. O número de mortos é de 662, tres máis dos que figuraban na actualización anterior, tras comunicar este domingo o falecemento de dúas persoas vinculadas ás residencias lucenses do Incio e Outeiro de Rei e na mañá deste luns a morte dun home de 90 anos que permanecía ingresado no Clínico de Santiago.

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424, 10 máis que este domingo; mentres que a que experimenta un maior incremento é a de Ourense, onde hai 459, 30 casos activos máis que hai 24 horas.

Pola súa banda, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúase en 343 casos activos, 20 máis que o domingo; a de Lugo crece en seis, ata os 816 e a de Ferrol aumenta en dous casos, ata os 159. As áreas sanitarias de Vigo e Santiago-A Barbanza manteñen a mesma cifra de casos activos que o domingo, 344 e 688, respectivamente.

Os datos facilitados pola Xunta sinalan que se realizaron un total de 367.340 probas PCR na Comunidade ata o momento, cifra que supera en 3.383 a do domingo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...