InicioSociedadeA Garda Civil desarticula oito cultivos de cannabis no Rosal, Tomiño e...

A Garda Civil desarticula oito cultivos de cannabis no Rosal, Tomiño e Tui

PUBLICADO O

A Garda Civil de Pontevedra desarticulou no municipio de Tui un cultivo nun alpendre no que había máis de 350 plantas de cannabis, así como 300 gramos en cogollos listos para a súa distribución.

Segundo informa o Instituto Armado, o suposto responable da plantación, un veciño de Tui de 66 anos, está investigado por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

O alpendre, dividido en tres partes diferenciadas, estaba acondicionado para o cultivo de plantas de marihuana. Contaba cun “sofisticado” sistema de rega, así como sistemas de ventilación, iluminación, control de temperatura e humidade.

Nunha das estancias atopábanse os cadros eléctricos que controlaban a subministración de toda a infraestrutura e dous depósitos de 300 litros coas súas respectivas bombas de auga e fertilizantes.

Na segunda zona os axentes atopaon toda a infraestrutura para un cultivo de tipo hidropónico activo, onde as plantas crecen no interior de tarros e nun medio inerte de bólas de arxila, utilizando para iso ventiladores e extractores, lámpadas de sodio e dispositivos electrónicos de control de temperatura e humidade.

A terceira parte do cultivo estaba dedicada ao cultivo vertical do cannabis. Para iso, empregaba un sistema de armarios, onde as plantas se dispoñen unha encima doutra, crecendo nun medio inerte de la de roca, utilizando o mesmo sistema de subministración de nutrientes, iluminación e ventilación.

A actuación concluíu coa aprehensión dun total de 372 plantas duns 50 centímetros de tamaño e a intervención de todo o material utilizado para o desenvolvemento deste cultivo. Ademais, no marco da mesma investigación, os axentes da Benemérita interviñeron outras sete plantacións de marihuana de menor de entidade: cinco en Tomiño (Pontevedra), unha no Rosal (Pontevedra) e outra en Tui.

Nestas últimas intervencións, a Garda Civil incautouse de medio centenar de plantas. En total, once persoas están a ser investigadas por delitos de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...