InicioSociedadeA área de Vigo ten xa 344 contaxios por coronavirus

A área de Vigo ten xa 344 contaxios por coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou 252 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas e o total de casos activos incrementouse en 38, ata situarse en 4.175, de acordo cos datos deste domingo da Consellería de Sanidade, tomados na tarde deste sábado. O último parte recolle que se curaron na Comunidade galega un total de 13.649 persoas, que son 211 máis das que constaban o sábado.

O número de mortos é de 659, tres máis dos que figuraban na actualización anterior, tras informarse na tarde do venres do falecemento de tres persoas que estaban ingresadas no Hospital Lucus Augusti, en Lugo, dous delas relacionadas coa residencia de maiores do Incio.

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424. No entanto, é a única na que se rexistra un descenso, posto que son 22 menos que onte se se teñen en conta o número de recuperados. En Lugo, onde o número de pacientes que están a pasar actualmente a infección é de 810, a cifra de novos positivos foi de 46, pero recuperáronse 38.

No caso de Santiago, o incremento é de 11 casos activos, ata un total de 688; mentres que en Ourense alcánzanse os 429 –12 máis–; en Vigo son 344 –sete máis restándolle xa o número de recuperados o sábado–; en Pontevedra sitúanse en 323 –15 máis, a subida máis acusada entre as áreas–; e en Ferrol soben ata 157 –nove máis–. Os datos facilitados pola Xunta sinalan que se realizaron un total de 363.957 probas PCR na Comunidade ata o momento, cifra que supera en 4.902 a deste sábado.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por...