InicioSociedadeSeguen subindo os casos de Covid na área de Vigo

Seguen subindo os casos de Covid na área de Vigo

PUBLICADO O

Galicia detectou nas últimas 24 horas 293 novos positivos por coronavirus e os casos activos incrementáronse en 55, ata situarse en 4.137, de acordo cos datos difundidos este sábado pola Consellería de Sanidade, tomados na tarde do venres. Tamén en Vigo seguen subindo, aínda que a un ritmo inferior ao dos últimos días, con dez novos casos.

O parte de hoxe recolle un ascenso dos casos activos por encima dos 4.000, unha repunta dos novos positivos detectados con respecto á xornada anterior e tamén unha subida nos pacientes curados, que alcanzan os 13.438 –238 máis que o venres–.

Con todo, tras o catro mortes comunicadas na xornada do venres, o parte de Sanidade non reflicte ningún novo falecemento en Galicia vinculado coa COVID-19, polo que a cifra mantense en 656 desde que comezou a pandemia.

Por áreas sanitarias, o maior incremento no número de casos activos é o de Pontevedra, que pasa de 279 a 308 casos activos –29 máis–, mentres que a que máis pacientes ten segue sendo a da Coruña, con 1.446, aínda que só sobe nun con respecto ao día anterior.

En Vigo, pola súa banda, aumentan en 10 os casos activos, de 327 a 337, e en Ourense hai cinco máis –de 412 a 417–. En área de Santiago e A Barbanza rexistra 677 casos activos, catro máis que na xornada anterior e a de Ferrol é a única que experimenta un descenso, dous casos menos, ata 148.

O parte dese venres indica tamén que se realizaron un total de 359.055 probas PCR en Galicia ata o momento, cifra que supera en 4.782 á de onte.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...