InicioSociedadeO BNG denuncia falla de información sobre a nova obra de Peinador...

O BNG denuncia falla de información sobre a nova obra de Peinador e as molestias que pode causar

PUBLICADO O

O BNG de Redondela vén de denunciar a carencia de información sobre a nova obra de Peinador, un valado de 15 metros de altura, así como a súa preocupación “polas molestias que o proceso de construción poidera causar”.

Hai varias semanas que se iniciaron unhas obras na cara norte do aeroporto,
correspondentes ao concello de Redondela: “Estase a construír un valado en escolleira
dobre que alcanzará os 15 metros de altura, cunha lonxitude de ata 350 metros e unha
inversión de 900.000€”, segundo afirman dende o BNG.

E engaden que “isto suporá un importante movemento de camións de grande tonelaxe que transportarán terra, áridos e penedos de entre 200 e 400 quilogramos“.”Varias vivendas estanse vendo afectadas polo movemento de camións de grande tonelaxe, partículas en suspensión e ruídos”, defende a organización nacionalista.

Esta problemática foi levada ao Consello Parroquial de Vilar, pola representante do BNG
Jessica García “co fin de que se facilitara a máxima información aos colectivos, e se fora necesario, á veciñanza”.

Dende a organización nacionalista consideran que non se están a cumprir as previsións
recollidas no Proxecto sobre a instalación dun punto limpo para a maquinaria pesada, e que “tampouco están correctamente sinalizadas as obras, por mor do tráfico que circula por esta parte da parroquia”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...