InicioSociedadeProhiben as visitas a unha residencia de maiores e pechan dous centros...

Prohiben as visitas a unha residencia de maiores e pechan dous centros de día na Guarda como prevención

Sanidade avanzou que esta semana se fará un cribado con probas PCR para detectar posibles contaxios a todos os residentes, usuarios e traballadores deses centros.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade decidiu a prohibición de visitas nunha residencia de maiores da Guarda e a paralización de actividade nos dous centros de día desa localidade, ante a situación epidemiolóxica deste municipio.

Así o trasladaron fontes sanitarias, que sinalaron que estas medidas son preventivas e non se deben a que A Guarda teña un número de casos de COVID especialmente elevado, senón ao “tipo de transmisión”.

As mesmas fontes explicaron que os casos na Guarda son “moi dispersos” e, para evitar que se produza unha maior transmisión e que esta afecte á poboación máis vulnerable, optouse por non permitir visitas na residenca Monte Tecla, así como o peche dos centros de día.

Así mesmo, Sanidade avanzou que esta semana se fará un cribado con probas PCR para detectar posibles contaxios a todos os residentes, usuarios e traballadores deses centros.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...