Familiares volven denunciar que os anciáns son tratados como “mercaduría” en DomusVi

Manifestación en Moaña en contra da xestión de DomusVi Aldán / remitida

“Son maiores, non son mercaduría”, “Inspeccións compradas, nunca encontrarán nada“, “Abuelos al montón, pagando mogollón” ou “Ellos solomillo, los abuelos picadillo”, foron algúns dos esloganes que se escoitaron nunha nova concentración, e xa é a décima consecutiva, en Moaña dos familiares da Residencia de DomusVi Aldán, de Cangas.

Esiximos investigación e explicacións públicas e transparentes sobre o acontecido na pandemia, e por qué e cómo faleceron 38 anciás”, suliñaron os familiares. “Denunciamos a volta das malas prácticas nas residencias de DomusVi, a sistémica falla de persoal, a vulneración dos dereitos das usuarias e a inacción da administración”, criticaron.

Estas concentracións das familiares de usuarias da residencia DomusVi Aldán-Cangas, fanse cada domingo dende hai dous meses, en distintos concellos do Morrazo, e rematan sempre con outra concentración diante das cancelas da propia residencia, no alto do monte Herbello, onde se depositan 38 candeas e 38 flores na honra das vítimas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here