InicioSociedadeDispáranse os casos da Covid en Galicia, menos en Vigo

Dispáranse os casos da Covid en Galicia, menos en Vigo

PUBLICADO O

O número de casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento, con 118 máis con respecto a este martes, e sitúanse en 1.623 –tras subir en todas as áreas sanitarias menos na de Vigo, que rexistra un menos–, dos que 960 corresponden á da Coruña e Cee –39 máis–.

Así se recolle nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, cinco atópanse en UCI –uno menos que este martes–, 55 permanecen en unidades de hospitalización convencional –sen cambios–, e 1.563 en seguimento domiciliario –119 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.623 casos activos, 960 corresponden á área da Coruña e Cee –39 máis que este martes–; 136 á de Lugo –23 máis–; 138 á de Vigo –un menos–, 84 á de Pontevedra e O Salnés –nove máis–; 145 á de Ourense –14 máis–; 91 á de Santiago –24 máis– e 69 á de Ferrol –dez máis–.

Sanidade indica, así mesmo, que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.657 persoas, 32 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.623 casos activos na Comunidade galega, 17 están vinculados a centros residenciais, un máis que este martes, en relación a 11 usuarios e seis traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 286.968 con respecto ás 283.781 contabilizadas ata este martes, sinalou Sanidade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...