InicioSociedadeUnha empresa viguesa distribuirá a vacina rusa contra a Covid-19

Unha empresa viguesa distribuirá a vacina rusa contra a Covid-19

PUBLICADO O

A primeira vacina contra o coronavirus é de orixe rusa e será distribuída en España por unha empresa de Vigo. Segundo informa o xornal Economía Digital, a empresa elixida polos rusos sería Iberatlantic Global Corporation xa que tería aceptado invitación da Fundación Roscongress para distribuír a Sputnik V no caso de que logre superar os exames regulatorios.

Pero, antes tería que conseguir a aprobación da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios. O grupo empresarial constituíuse en 2014 e actualmente está dirixido por Pedro Mouriño. A principal función do grupo é ofrecer servizos a empresas e entidades para a súa nternacionalización.

Pedro Mouriño manten relacións directas con rusia, sendo comentarista habitual da canle de noticias Russia Today (RT) canle estratéxica do presidente Vladimir Putin.

Por iso, Rusia elixiu a Iberatlantic Global Corporation como o seu socio. As “magníficas” relacións entre o país e o grupo vigués foron clave.

Ademais, a intención de Rusia é que Iberatlantic Global Corporation sirva de ponte para facer chegar a vacina a Latinoamérica. Con todo, a posibilidade de distribuír a vacina está lonxe, como o propio Mouriño suliñou . “Non estamos a falar de compañías farmacéuticas. Por tanto, non teñen unha rede de distribución para levar o produto aos mercados”, dixo.

Así, destacou que é pronto para abordar estes asuntos porque a normativa é “moi esixente”. De feito, advirte que é posible que a vacina chegue con maior facilidade a Latinoamérica polo marco regulatorio.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...