InicioSociedadeO Hospital Povisa implanta un decálogo de recomendacións para evitar contaxios na...

O Hospital Povisa implanta un decálogo de recomendacións para evitar contaxios na asistencia pediátrica

PUBLICADO O

O Hospital Povisa de Vigo implantaron un decálogo con recomendacións elaborado por profesionais de Pediatría do grupo Ribeira Saúde, co fin de previr posibles contaxios de coronavirus e garantir a seguridade na asistencia aos máis pequenos.

Así, os pediatras do hospital vigués recomendan aos pais manter aos seus fillos máis pequenos (lactantes) no interior das cadeiras e carriños mentres esperan a ser atendidos. No caso de nenos máis maiores, pídese que permanezan sentados á beira dun adulto nas salas de espera e consultas.

Ademais destas recomendacións, o decálogo lembra outras medidas de prevención, como o uso obrigatorio de máscaras en nenos a partir de 6 anos e os seus acompañantes (un só adulto por menor), para o que o hospital pon a disposición dos seus pacientes estes elementos de protección no servizo de Admisión, do mesmo xeito que no resto de hospitais do grupo Ribera Saúde.

Así mesmo, na área pediátrica de Povisa hai solucións hidroalcohólicas dispoñibles para a hixiene de mans de nenos e adultos. “É importante animar aos nenos a utilizar as solucións hidroalcohólicas para a limpeza de mans, explicándolles como se debe facer e para que serve. Tamén que os adultos axuden ao neno a entender a importancia de levar unha boa hixiene respiratoria e que, ao toser ou estornudar, saiban que é de vital importancia taparse a boca e o nariz co cóbado flexionado e, na súa falta, cun pano que se deberá refugar rapidamente”, lembrou María José Domínguez, xefa do Servizo de Pediatría de Povisa.

Povisa incidiu en que os pequenos deben estar “en todo momento baixo a vixilancia estreita do adulto acompañante”, mantendo a distancia de seguridade de 2 metros con outros pacientes e os seus acompañantes. “O noso obxectivo é que todos os pacientes, sexan da idade ou do servizo que sexan, cumpran as normas de distanciamento e hixiene”, explicou Domínguez.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...