InicioEconomíaCase 10.000 visitas se achegaron aos castelos de Sobroso e Soutomaior durante...

Case 10.000 visitas se achegaron aos castelos de Sobroso e Soutomaior durante o verán

A iniciativa 'Re acción nos castelos', que está en marcha desde o 23 de xullo busca difundir a música, a danza, o teatro e actividades infantís nestes espazos históricos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os castelos de Sobroso e Soutomaior, ambos na provincia de Pontevedra, levan case 9.400 visitas no que vai de verán, de acordo cos datos da Deputación de Pontevedra, que os considera “eixos de atracción de visitantes”, como “espazos seguros fronte á COVID-19”.

A institución provincial destacou que este ano se puxeron en marcha iniciativas como a ‘Re acción nos castelos’ e rotas como a das viñas de Soutomaior, que se enchen cando se abren os prazos de inscrición.

En concreto, o castelo de Sobroso recibiu entre xuño e mediados de agosto 3.319 visitantes, practicamente a mesma cantidade –apenas 20 máis– que o ano pasado no mesmo período. En concreto, 1.979 persoas achegáronse ao recinto en xuño e xullo e outras 1.340 no que vai do mes de agosto.

En canto a Soutomaior, foron 6.053 os visitantes, dos que 3.495 se desprazaron en xuño e xullo e 2.558, na primeira metade de agosto.

A Deputación indicou que desde que se reabriron, a inicios de xuño, implantáronse protocolos específicos contra os contagios, con máis limpeza, difusores de produtos desinfectantes, zonas de espera concretas, itinerarios marcados para guiar as visitas e controis de temperatura e medidas de distancia social.

A iniciativa ‘Re acción nos castelos’, que está en marcha desde o 23 de xullo busca difundir a música, a danza, o teatro e actividades infantís no castelo. Todos os actos completaron o seu aforamento polo momento e quedan pendentes dúas actuacións máis, o 11 de setembro en Sobroso e o 17 do mesmo mes en Soutomaior.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...