InicioSociedadeAlemaña amplía a toda España, salvo Canarias, a consideración de "zona de...

Alemaña amplía a toda España, salvo Canarias, a consideración de “zona de risco”

Até o de agora só figuraban Madrid, País Vasco, Aragón, Cataluña e Navarra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A recomendación do Instituto Robert Koch supón que todos os viaxeiros que volvan de España estarán obrigados a pasar unha corentena en certos estados.

As autoridades de Alemaña concluíron que toda España, incluída Baleares, coa única excepción das Illas Canarias, é unha “zona de risco” por contaxio do novo coronavirus, polo que quen regrese deberán someterse a unha proba e poderían quedar suxeitos a corentena, en función do que decidan os gobernos rexionais.

A portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña, Maria Adebahr, xa avanzara este venres en rolda de prensa que o Executivo de Angela Merkel estaba a estudar emitir unha recomendación de non viaxar a Baleares debido ao aumento de casos de COVID-19.

Fuentes do Goberno aseguraron que as Illas, popular destino turístico para os alemáns, pasarán a ser unha zona de risco, do mesmo xeito que o resto de zonas de España que aínda non foran incluídas nesta lista. Por agora só figuraban Madrid, País Vasco, Aragón, Cataluña e Navarra.

O país xermano xa implementara a obrigatoriedade dun test serolóxico de regreso ao país.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...