InicioSociedadeA Covid-19 avanza na área de Vigo, con 134 casos activos, e...

A Covid-19 avanza na área de Vigo, con 134 casos activos, e Galicia supera xa o milleiro

Na comarca viguesa son 16 casos máis nun día; en toda Galicia, 115 novos casos.

PUBLICADO O

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento e supera o milleiro, ao situarse en 1.053, despois de sumar 115 máis este venres —tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago—, dos que 618 corresponden á da Coruña e Cee (74 máis que a xornada pasada).

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 42 permanecen en unidades de hospitalización convencional —dúas máis que este xoves—, mentres que xa non hai pacientes en UCI e 1.011 atópanse en seguimento domiciliario –114 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 1.053 casos activos, 618 corresponden á área da Coruña e Cee —74 máis que este xoves—; 99 á de Lugo —seis máis—; 134 á de Vigo —16 máis—, 52 á de Pontevedra e O Salnés —un máis—; 73 á de Ourense —13 máis—; 42 á de Santiago —un menos— e 35 á de Ferrol —seis máis—.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.527 persoas, 21 máis que a xornada anterior, e faleceron 623 pacientes. A última vítima mortal notificada foi un home de 90 anos falecido en Ourense relacionado cun brote en Vilar de Barrio.

Dos 11.053 casos activos, dous están vinculados a centros residenciais, en relación a dous profesionais e xa non hai usuarios afectados.

O número de PCR realizadas ata a data en Galicia ascende a 274.812 fronte ás 272.115 contabilizadas ata este xoves, indicou Sanidade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...