InicioSociedadeA Cañiza promociona o seu xamón co apoio da Deputación de Pontevedra

A Cañiza promociona o seu xamón co apoio da Deputación de Pontevedra

A pesar das limitacións impostas pola COVID-19, como a suspensión das verbenas, programáronse eventos culturais, como o concerto de Amantes da Terra, o próximo 14 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu este mércores un acto de promoción do xamón da Cañiza  no que participaron o alcalde deste municipio, Luís Gómez Piña; o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero; e os deputados provinciais socialistas Ana Laura Iglesias e Santos Héctor Rodríguez, entre outros.

Así, a pesar de que a pandemia de coronavirus obrigou a reformular a Festa do Xamón, celebrouse un acto para promocionar este produto, “bandeira” da Cañiza e da comarca, así como o turismo de todo ese territorio.

Tanto Gómez Piña como a deputada Ana Laura Iglesias subliñaron a vinculación de gastronomía, paisaxe e territorio na Cañiza, cuxa festa de exaltación do xamón é unha das máis lonxevas de Galicia, xa que leva celebrándose desde 1967 (e foi declarada de Interese Turístico en 2013).

A pesar das limitacións impostas pola COVID-19, como a suspensión das verbenas, programáronse eventos culturais, como o concerto de Amantes da Terra, o próximo 14 de agosto, dentro do programa Musigal impulsado pola Deputación de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...