InicioSociedadeA pandemia segue avanzando na área de Vigo

A pandemia segue avanzando na área de Vigo

Son xa 83 casos positivos, dous máis que este sábado. Galicia rexistra a segunda morte en tres días e os contaxios seguen aumentando imparables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pandemia de Covid-19 segue avanzando na área de Vigo e en toda Galicia. Os casos na comarca viguesa aumentan en dous, até os 83. Mentres, unha muller de 83 anos que estaba enferma de COVID-19 faleceu no Hospital da Mariña na madrugada deste domingo, de acordo cos últimos datos da Consellería de Sanidade.

Este falecemento súmase ao dunha muller de 91 anos que morreu o venres no hospital de Ourense e que era unha das afectadas polo brote de Vilar de Barrio. Foi o primeiro falecemento en case dous meses en Galicia, posto que o anterior rexistrouse o 10 de xuño.

Co da muller falecida na Mariña, unha das infectadas no brote detectado a finais dexuño nesta comarca, son 621 o total de mortos causados pola pandemia en Galicia. Sanidade especificou que esta última vítima tiña patoloxías previas.

AUMENTO DE CASOS

Os casos activos de COVID-19 seguen subindo en Galicia, que acumula 17 xornadas á alza e roza xa os 600, tras sumarse na xornada deste domingo outros 58, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade, que mostran que máis da metade das persoas que pasan actualmente pola enfermidade son da área sanitaria da Coruña.

Galicia rexistra 591 casos activos, 58 máis que na xornada do sábado, dos que 302 son da área da Coruña-Cee, que ten 56 casos máis que hai 24 horas.

Na comarca coruñesa constan actualmente dous brotes, o maior deles o relacionado cun ximnasio en Meicende, en Arteixo (A Coruña) e desde este sábado están vixentes restricións como o peche das residencias. Na Coruña e os concellos máis próximos as medidas son máis estritas e implican o peche do lecer nocturno, entre outras cuestións.

Á área da Coruña séguelle, en número de casos activos, a de Vigo, que ten este domingo 83, dous máis que o sábado. Pola súa banda, en Lugo constan 74 casos –cinco menos que os 79 de hai un día–; en Pontevedra son 43 –un menos–; en Santiago son 41 –un máis–; en Ourense son tamén 41 –catro máis–; e en Ferrol son sete –uno máis–.

HOSPITALIZACIÓNS

O número de persoas ingresadas na UCI baixa nunha este domingo e sitúase en dúas –unha delas na Coruña e a outra en Vigo–, mentres que en planta dos centros hospitalarios está a tratarse a 23 pacientes, dous menos que o sábado.

Ademais, 566 persoas, 61 máis que no parte anterior de Sanidade, están a pasar a enfermidade nos seus domicilios, con seguimento médico.

Ata agora hai 11.428 persoas curadas en Galicia, 25 máis que o sábado, e realizáronse un total de 264.202 PCR, o que supón un aumento de 1.692 con respecto á xornada anterior.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...