VIDEO | Ollo, non todas as máscaras de tea son iguais, teñen que cumplir este requisito

Cales son as más que minimizan a propagación do coronavirus

A falsa sensación de seguridade polo uso das máscaras“, esa é a frase máis repetida nestes días polos expertos sanitarios que advirten que non vale levar a máscara de calquera xeito, nin levar unha máscara de tea de calquera tipo. O seu uso ten que ser riguroso, e a elección do tipo de materiais coa que está feita tamén condiciona a súa efectividade. Pero ante todo, a distancia de seguridade segue sendo a medida máis efectiva, incluso levando máscara.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomendou o pasado 5 de xullo o uso de máscaras de tea aos cidadáns que viven en países con transmisión comunitaria de coronavirus e nos momentos nos que se pode garantir o distanciamento físico como, por exemplo, no transporte público.

Estas máscaras, segundo explicou nunha rolda de prensa o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, deben constar de, polo menos, tres capas de material diferente, aínda que insistiu en que o uso por si só destes produtos non protexe fronte ao novo coronavirus.

Para as persoas maiores de 60 anos, ou a aquelas con patoloxías de risco, o organismo de Nacións Unidas aconsella a utilización de máscaras cirúrxicas nas situacións nas que non se pode garantir unha distancia entre persoas duns dous metros.

Ata o de agora, o organismo de Nacións Unidas só recomendaba as máscaras cirúrxicas ás pacientes de Covid-19, a enfermidade que provoca o novo coronavirus, así como aos seus coidadores e aos profesionais sanitarios que tratan casos sospeitosos ou confirmados.

Con todo, na nova guía publicada sobre o uso de máscaras para controlar a pandemia, o organismo de Nacións Unidas recomenda as cirúrxicas para todas as persoas que traballan en centros de saúde, independentemente de se tratan ou non a pacientes con Covid-19.

Con todo, Tedros insistiu en varias ocasións que o uso das máscaras debe de ir acompañado da hixiene de mans e o distanciamento físico. “As máscaras non substitúen ao distanciamento físico, a hixiene de mans e a outras medidas de saúde pública. Só son beneficiosas como parte dun enfoque integral na loita contra o Covid-19”, resolveu.

O vídeo capturado cunha cámara de alta velocidade pódense apreciar varias probas realizadas con 4 usuarios.

O primeiro sen máscara, o segundo cunha máscara de tea de unha capa, o terceiro cunha máscara de tea de 2 capas e por último un usuario cunha máscara cirúrxica.

No minuto 0:07 podemos ver a dispersió de partículas falando

No minuto 0:53 podemos ver a dispersión das partículas cando tuse

No minuto 1:19 podemos ver a dispersión das párticulas cando estornuda

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here