InicioSociedadeSoben os casos de coronavirus na área sanitaria de Vigo

Soben os casos de coronavirus na área sanitaria de Vigo

Hai sete novo positivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos por coronavirus en Galicia baixaron en 17 e sitúanse en 163 este xoves ao experimentar un descenso de 24 nos casos rexistrados na área sanitaria de Lugo, que conta cun brote na Mariña que aínda afecta a 74 persoas. Con todo, hai sete novos positivos en Vigo, entre os que están o novo foco do Porriño, e dous na Coruña.

En concreto, na área sanitaria coruñesa hai 39 casos activos –dous máis que o mércores–; mentres que en Vigo os positivos ascenden a 27 –tras sete novos positivos–. Pola súa banda, tanto Ourense como Santiago rexistran un caso menos e contan con 5 e 10, respectivamente.

Á súa vez, a área sanitaria de Pontevedra continúa con nove casos activos á vez que Ferrol permanece sen ningún positivo pola COVID-19. Do total de pacientes positivos, oito están en unidades de hospitalización, do mesmo xeito que na xornada do mércores. Mentres, 155 permanecen no seu domicilio –17 menos–. Así mesmo, a UCI galegas continúan sen pacientes de coronavirus.

NINGÚN CASO VINCULADO ÁS RESIDENCIAS


Ademais, xa non hai ningún caso –nin empregado nin usuario– vinculado a residencias de maiores. Sanidade apunta que, ata a data, curáronse 11.187 persoas, 56 máis que na xornada do mércores, e que ata o momento faleceron 619 pacientes con COVID en Galicia.

A última vítima foi notificada o 10 de xuño e correspóndese cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total de mortes, 274 estaban vinculadas con residencias.

A Consellería de Sanidade reiterou que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...