InicioSociedadeDoce pasaxeiros dun voo que chegou a Vigo o sábado procedente de...

Doce pasaxeiros dun voo que chegou a Vigo o sábado procedente de Madrid en illamento tras un positivo

PUBLICADO O

Doce pasaxeiros que viaxaban nun avión que aterrou no aeroporto de Vigo o sábado procedente de Madrid están en illamento domiciliario despois de que un home que ía no voo dese positivo.

Fontes do Sergas confirmaron a Europa Press que o voo de Iberia Express viña cheo, aínda que só se ordeou o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse os que sentaron máis preto do contaxiado.

O home que deu positivo, segundo as fontes sanitarias consultadas por Europa Press, non está hospitalizado, e estaría a centralizar o seguimento do caso a área da Coruña. En canto a que non se realizaron PCR ás persoas illadas, o Sergas explicou que se aplica estritamente o protocolo sanitario previsto para estes casos.

Así, a directriz é facer un control telefónico dos contactos estreitos e valorar, en función da clínica e se presentan síntomas ou non, a realización da proba.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...