InicioSociedadeBaixan os casos da Covid en Vigo, pero ten o único caso...

Baixan os casos da Covid en Vigo, pero ten o único caso na UCI de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia mantense en 259 este sábado, aínda que hai sete máis na área de Lugo –onde se rexistra o brote da Mariña–. Segundo a información da Consellería de Sanidade deste sábado, un dos positivos permanece en UCI no Álvaro Cunqueiro –o home que viaxou en bus de Madrid a Vigo–, tres en unidades de hospitalización –catro menos que o venres– e 255 en domicilio.

Dos 259 casos positivos de Galicia, 203 correspóndense coa área de Lugo –sete máis–. Séguenlle: A Coruña, con 22 –tres menos–; Santiago, con 14 –os mesmos–; Vigo, con 10 –seis menos–; Ourense, con 5 –tres máis–, onde hai catro infectados en Beariz; Pontevedra, con 4 –os mesmos–; e Ferrol, cun –un menos–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia, hai un vinculado con centros residenciais, que se corresponde cun traballador dunha residencia de maiores de Burela. Non hai usuarios infectados. Pola súa banda, os curados aumentan en 28, ata un total de 10.926. A pandemia deixa ata o momento 619 falecidos en Galicia, nunha cifra sen cambios no último mes.

BAIXAN As PCR REALIZADAS

O número de PCR realizadas ata a data en Galicia ascende a 213.244, o que supón 2.595 máis. Con todo, esas 2.595 PCR supoñen unha cifra máis baixa que os tres días anteriores en Galicia, nos que se realizaron 3.114, 3.207 e 2.662.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...