InicioSociedadeNovo ingreso por coronavirus no Cunqueiro, pero sen relación co contaxiado que...

Novo ingreso por coronavirus no Cunqueiro, pero sen relación co contaxiado que chegou en autobús

O home xa fora diagnosticado hai unha semana, pero a súa hospitalización foi necesaria tras un empeoramento da enfermidade.

PUBLICADO O

Un home con coronavirus ingresou no hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, aínda que sen relación co infectado que chegou de Madrid en autobús e que agora se atopa na UCI.

Segundo informan fontes sanitarias a Europa Press, o home estaba diagnosticado desde hai unha semana e permanecía illado na súa casa, pero foi necesaria a súa hospitalización o venres por un empeoramento.

Con todo, este segundo caso non se atopa na UCI, a diferenza da persoa chegada de Madrid en bus, que está “grave”, segundo explicaba o venres o propio conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

Precisamente, en relación coa persoa na UCI hai 13 viaxeiros en corentena que foron no mesmo bus que ía de Madrid a Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...