InicioSociedadeOs adolescentes asocian valores negativos ao fútbol

Os adolescentes asocian valores negativos ao fútbol

Os mozos que xogan ao fútbol asocian a actividade con valores relacionados coa "competitividade", como "triunfar" e "ser o mellor", en maior medida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha tese elaborada polo doctorando da Universidade de Vigo (UVigo) Xesús Pena mostrou que os adolescentes que practican fútbol asocian valores máis negativos ao deporte que os que realizan outro tipo de disciplinas.

Segundo detallou a universidade nun comunicado, a investigación realizada buscaba coñecer os valores asociados polos mozos ao deporte, para o que Pena deseñou un cuestionario cuberto por 1.316 galegos de entre 12 e 18 anos. Así, comprobou que os adolescentes asocian “cualidades eminentemente positivas” como a diversión, o esforzo e o xogo limpo ao deporte.

No entanto, o investigador alertou de que o deporte máis practicado, o fútbol, presentou “os peores resultados”, xa que os mozos que xogan ao mesmo asocian a actividade con valores relacionados coa “competitividade”, como “triunfar” e “ser o mellor”, en maior medida.

Así, as persoas que pratican este deporte presentaron puntuacións “significativamente máis altas que a media” nas variables consideradas como negativas das propostas no cuestionario. Estas estaban relacionadas coas mozas que practican fútbol e cos demais deportes.

No entanto, Pena indicou que a tese de doutoramento mostrou que, en xeral, a percepción dos valores que se asocian á realización de deportes considerouse “satisfactoria”, aínda que apuntou que se observaron diferenzas “en función do xénero” e a disciplina.

En concreto, a tese ‘Caracterización e análise dos valores asociados ao deporte en alumnos non universitarios’, defendida na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, levou a cabo coa participación de estudantes de educación secundaria e bacharelato de 15 centros galegos.

A investigadora do grupo GIES-10 e directora do Centro de Estudos Olímpicos da universidade, María José Martínez, dirixiu a tese de Pena, que exerce como presidente da Asociación de Estudos Olímpicos e editor da revista científica Journal of Human Sport and Exercise e forma parte do Comité Español Pierre de Coubertin.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...