InicioSociedadeSanidade sinala que o paciente na UCI en Vigo entrou en España...

Sanidade sinala que o paciente na UCI en Vigo entrou en España por Barajas e “está grave”

Trece persoas que viaxaron co home contaxiado permanecen en corentena.

PUBLICADO O

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou este venres de que o paciente chegado en autobús de Madrid a Vigo “está grave”.

Segundo explican fontes sanitarias a Europa Press, hai 13 viaxeiros que viñan no bus que se atopan en corentena en relación con este caso. O home é un veciño de Vigo que levaba 15 días en Madrid e que volveu en autobús.

Pola súa banda, Almuiña, que desexou que “se cure canto antes” e declinou “culpabilizar ao paciente en situación grave“, insistiu na importancia de “controlar” os contactos. Ademais, incidiu en que esta persoa “foi moi rápido ao hospital”.

“Preocúpanos que veu de Madrid”, afirmou o conselleiro en relación a este paciente na UCI en Vigo. Por iso, destacou que, sobre os casos importados, pediron a Sanidade Exterior que “informe que vai a Galicia unha persoa” con síntomas para “facerlle unha enquisa” e avaliar o caso.

Sobre o papel de Sanidade Exterior, destacou o conselleiro que lle pediron a firma dun convenio para o intercambio de información nese sentido, sobre o que tamén falaron ” coas autoridades portuguesas” para poder dispor desa información por parte dos que se despracen do Porto e Lisboa. “Espero que se faga pronto”, sentenciou.

Almuiña apelou a que “calquera persoa que chegue a Galicia” con síntomas de COVID e non teña un médico asignado na Comunidade galega que chame ao teléfono habilitado por Sanidade 881 00 20 21 para que se lle asigne un, realíceselle a enquisa epidemiolóxica e, en caso de ser necesarias, indíquenselle as probas correspondentes.

PREOCUPAN OS QUE CHEGAN DE ZONAS DE RISCO

Ademais, puxo en valor a “experiencia” de Galicia na xestión de casos COVID con respecto ao comezo da pandemia. “É unha gran vantaxe”, resaltou.

Noutra orde de cousas, o conselleiro di que lle “preocupa” as persoas que chegan “en avión a Barallas, O Porto e Lisboa” procedentes de zonas de risco polo coronavirus COVID-19 e trasládanse a Galicia.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...