InicioSociedadeOs efectos da pandemia poden influír na prórroga da concesión de auga

Os efectos da pandemia poden influír na prórroga da concesión de auga

Abel Caballero asegura que goberno municipal que lidera leva "xa un tempo" traballando no novo prego para sacar a concurso o servizo, que actualmente presta Aqualia, pero pediu "non adiantar as cousas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este mércores que as circunstancias sobrevindas pola pandemia de coronavirus poden influír nunha posible prórroga da concesión do servizo de abastecemento de auga e, aínda que insistiu en que a “posición inicial” do goberno local é non ampliar ese contrato (finaliza o 31 de decembro de 2020), matizou que haberá que esperar a un informe dos técnicos municipais.

Así respondeu o rexedor a preguntas dos xornalistas sobre a posible prórroga desa concesión e a relación coa construción de nova estación potabilizadora, anunciada nas últimas horas por Caballero que, aínda que non deu prazos nin investimento, adiantou que terá un custo “multimillonario” e o seu “desexo” é que estea acabada no actual mandato municipal.

Segundo sinalou o alcalde, o goberno que lidera leva “xa un tempo” traballando no novo prego para sacar a concurso o servizo, que actualmente presta Aqualia, pero pediu “non adiantar as cousas”. “Aínda non se se as novas circunstancias cambian a dinánima. Igual que contaba cun novo contrato para o servizo de bus, e as circunstancias ‘covid’ obrigáronnos a prorrogalo”, engadiu.

“Sexa como for, Vigo vai ter unha nova potabilizadora”, insistiu, e reiterou que o Concello remitiu o proxecto desa infraestrutura á Xunta. “A miña posición inicial é que (o contrato con Aqualia) non se prorroga (…), veremos que din os servizos técnicos”, repetiu.

En setembro de 2018, o goberno local vigués iniciou o “expediente preparatorio da liquidación” da concesión do servizo de abastecemento de auga e constituíuse un comité técnico de traballo multidisciplinar “para velar polo bo desenvolvemento de todo o proceso”. En outubro de 2019 aprobouse a contratación, por 121.000 euros, do estudo técnico de infraestruturas e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...