InicioSociedadeBaixan en dous os casos activos de Covid-19 na área de Vigo,...

Baixan en dous os casos activos de Covid-19 na área de Vigo, ata 131

No total de Galicia baixan en tres casos, ata 308, e as persoas curadas aumentan a 10.606.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou en tres, ata 308, este sábado, mentres que as persoas curadas aumentaron en 16 e sitúanse en 10.606. Así consta nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización –os mesmos que o venres– e 304 en seguimento domiciliario –tres menos–, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

Dos 308 casos positivos, 131 corresponden á área de Vigo –dous menos que o venres–; 75 á da Coruña e Cee –seis menos–; 26 á de Santiago e Barbanza –os mesmos–; 22 á de Ourense –uno máis–; 34 á de Lugo –tres máis–; 11 á de Ferrol –igual que hai 24 horas– e nove á de Pontevedra –uno máis–.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.606 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima, notificada o pasado 10 de xuño, foi un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ascende a 171.518, fronte ás 170.204 contabilizadas este xoves.

A situación mantense sen cambios nas residencias, onde seguen sendo cinco os casos activos: catro usuarios e un traballador. En concreto, rexístranse tres positivos entre usuarios da residencia Santa Teresa Jornet na Coruña e un en Caser A Zapateira en Culleredo.

A estes súmase un caso positivo dun traballador da residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, segundo os datos facilitados este sábado pola Xunta.

Desde o sábado 13 de xuño non hai casos positivos, nin de usuarios nin de traballadores, nos centros de atención a persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...