InicioSociedadeOs veciños de Crecente reclaman o retorno do pediatra

Os veciños de Crecente reclaman o retorno do pediatra

O servizo de pediatría no centro de Saúde de Crecente quedou suspendido, polo menos ata despois do verán.

PUBLICADO O

Os e as veciñas do Concello de Crecente reclaman o retorno do pediatra ao Centro de Saúde da localidade. Desde a declaración do estado de alarma, os nenos e nenas que debían pasar consulta pediátrica eran conducidos aos concellos veciños da Cañiza ou Arbo.

Con anterioridade, pediatría só se aplicaba os martes e xoves de doce a dúas neste concello da Paradanta. O servizo prestábao un especialista que “tiñamos para case toda a comarca” di o concelleiro de Crecente, Benigno López.

“En Crecente en principio queren retiralo só no verán, segundo dixo o alcalde” sinala López, mais este punto aínda non é seguro. Por isto, este xoves 25 de xuño, ás oito da tarde “haberá unha reunión de pais afectados no polideportivo”.

Descoñécense as motivacións polas que se retirou o servizo de pediatría, aínda así “entendo que é cuestión de redución de persoal”, declara López. Ademais, tamén este xoves nun pleno do concello celebrado pola mañá, aprobouse unha moción con catro enmendas, para que a Xunta repoña tanto o servizo de pediatría ademais de cubrir as prazas que queden libres. “Se isto non se soluciona antes de que se constitúa o Parlamento, levaremos as nosas queixas á Camara”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...