InicioSociedadeTui non abrirá os seus parque infantís ante a imposibilidade de garantir...

Tui non abrirá os seus parque infantís ante a imposibilidade de garantir a seguridade da rapazada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Parques Infantís de Tui permanecen pechados e precintados polo que non se pode acceder aos mesmos. A pesar de que a nova normalidade permite a súa apertura, a falta de protocolos consistentes da Xunta e a imposibilidade de garantir a seguridade sanitaria da rapazada, obrigou ao Concello de Tui a manter pechadas estas instalacións.

Nos próximos días instalaranse columnas de hidroxel e cartelería coa normativa nos accesos aos parques máis frecuentados, “pero o control de aforos e a desinfección que tería que levarse a cabo non é asumible para o Concello”, indica o consistorio nun comunicado. 

De feito, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que “a competencia de reapertura é municipal pero se fixan uns criterios de índole sanitaria que cumprilos por parte dos concellos é sumamente difícil e suporían un custe inasumible”.  

SANCIÓNS

De feito, o alcalde denuncia que este luns houbo persoas que romperon os precintos existentes e accederon a estas instalacións, unha conducta, di, “que poderá ser sancionada pola Policía Local, xa que polo momento non se poden usar”. 

Seguimos nunha situación de alerta sanitaria, debemos extremar as precaucións e até que o concello entenda que non se dan as condicións necesarias ou os parques non dispoñen dos elementos precisos para a súa utilización non se poden nin se deben empregar”, suliñou.

Por iso, insistiu na necesidade de que a veciñanza sexa estrita no cumprimento destas normas e anunciou unha vixilancia constante e permanente dos parques. “Neste momento a actuación municipal débese guiar pola prudencia e a do conxunto dos veciños a responsabilidade, apunta o alcalde de Tui”. Esta decisión coincide tamén coa doutros concellos, como Vigo, que abrirá só parcialmente, algúns parques nos que poida garantizar as condicións sanitarias dos máis pequenos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...