InicioSociedadeA Xunta autoriza festas, verbenas e atraccións de feira a partir do...

A Xunta autoriza festas, verbenas e atraccións de feira a partir do 1 de xullo

PUBLICADO O

As verbenas e festas populares, así como as atraccións de feira, volverán a Galicia a partir do 1 de xullo, segundo establece o decreto sobre a nova normalidade publicado este sábado no Diario Oficial de Galicia onde no seu punto cuarto do acordo indica que:

Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza:

a) Os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.

b) Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da apertura das terrazas ao aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.

c) As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras.

Así, e aínda que a comunidade abandonará o luns o estado de alarma, entrando de xeito anticipado na nova normalidade, a Xunta establece algunhas actividades que aínda deberán esperar un pouco máis para celebrarse.

En concreto, está previsto que o 1 de xullo se reactiven “as festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras”. Galicia tamén aprazou ata esa data a actividade das discotecas e locais de lecer nocturno que, polo momento, poden ter actividade nas súas terrazas ao aire libre, cun límite do 75% de ocupación.

Tamén o 1 de xullo está previsto que se reactiven os establecementos que ofrezan xogos e atraccións recreativas para menores de 12 anos, espazos de xogo e entretemento e establecementos para a celebración de festas infantís.

A Xunta informaba esta semana de que os servizos relacionados co Camiño de Santiago reactivaranse tamén o 1 de xullo, coincidindo coa data marcada polo Goberno central para a apertura do turismo internacional.

No caso dos albergues, o decreto publicado este sábado indica que se permitirá unha ocupación máxima do 50% da súa capacidade total, dadas as súas “especiais características”.

Os titulares destes establecementos, engade, adoptarán “as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeracións” e manter a distancia de seguridade, ou, na súa falta, a utilización de máscaras.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...