InicioSociedadeAs oficinas da Autoridade Portuaria de Vigo reabren as súas portas ao...

As oficinas da Autoridade Portuaria de Vigo reabren as súas portas ao público este luns

Haberá cámaras térmicas para medir a temperatura de traballadores e visitas.

PUBLICADO O

As oficinas da Autoridade Portuaria de Vigo reabren as súas portas ao público este luns en horario ininterrompido, desde as 08:00 horas da mañá ata as 14:30 horas da tarde.

Coa entrada de Galicia na fase 3, os traballadores da Autoridade Portuaria iranse reincorporando progresivamente aos seus postos de traballo, xa que moitos aínda se atopan desenvolvendo o seu emprego de forma non presencial.

Esta institución tamén informou de que tomou todas as medidas necesarias para garantir que se cumpren as medidas de seguridade pertinentes, de distanciamento social e hixiene. Ademais, instalouse unha cámara térmica na planta baixa das oficinas para medir a temperatura do persoal e as visitas e que, ao mesmo tempo, tamén vixía o correcto uso das máscaras.

“As imaxes captadas pola cámara pódense ver en tempo real, pero non se gardan. No acceso ao edificio, a Autoridade Portuaria de Vigo dispuxo cartelaría e sinalización adecuada, alertando a todo o que accede sobre o uso do dita cámara”, precisou esta entidade nun comunicado.

MÁSCARAS

Por outra banda, no que respecta ao uso de máscaras, a Autoridade Portuaria de Vigo encargarase de proporcionar ao persoal as unidades necesarias e o seu uso será obrigatorio tamén nos desprazamentos polo centro de traballo a outras oficinas ou dependencias.

O seu uso tamén será obrigatorio na interacción con usuarios e visitas, cos que sempre se manterá a distancia de seguridade física de polo menos dous metros e, en todo caso priorizarase a atención telefónica e telemática.

A Autoridade Portuaria tamén precisou que se atenderá de forma presencial a través de cita previa na medida do posible.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...