InicioSociedadeNovas concentracións pola readmisión das camareiras de pisos do Hotel Bahía

Novas concentracións pola readmisión das camareiras de pisos do Hotel Bahía

PUBLICADO O

Continúa o conflito entre o Hotel Bahía de Vigo, sindicatos, as 20 camareiras de pisos despedidas e a contrata Mantelnor-Nortempo. De feito, este martes 12 de xuño, de 17:00h a 19:00h, houbo unha nova concentración ante a oficina de Mantelnor-Nortempo (Avda. das Camelias, nº 42).

O pasado 07 de maio, fai xa máis dun mes, todas as camareiras de pisos do Hotel Bahía de Vigo eran despedidas sen previo aviso, ao non renovar o hotel o contrato con Alliance Outsourcing, a contrata do servizo de limpeza anterior, e o martes 08 entraba xa Mantelnor-Nortempo (a nova contrata) coa súa propia plantilla e con condicións laborais máis precarias.

CNT en Nortempo
Protesta en Nortempo polo despido das mulleres traballadoras do Bahia /Miguel Nuñez

A CNT denuncia a “complicidade neste despedimento masivo” entre o Hotel Bahía de Vigo e Montelnor-Nortempo, e continúa coa súa convocatoria de concentracións reivindicativas para reclamar a readmisión de todas as traballadoras, que continuarán o próximo xoves 14 de xuño de 19:00h a 21:00h, desta vez ante o Hotel Bahía de Vigo (Avda. Cánovas del Castillo, nº 24).

Dende a CNT engaden ademais a necesidade de “visibilizar publicamente o panorama precario e de humillacións laborais que envolve novamente ao sector das camareiras de pisos por parte da patronal hosteleira”.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...