InicioSociedadeBueu dá un ultimátum á Xunta para que os habitantes de Ons...

Bueu dá un ultimátum á Xunta para que os habitantes de Ons accedan á illa sen restriccións

O rexedor cualifica a actitude da Administración como "insensata, irresponsable e desleal" coas persoas de Ons e o Concello

PUBLICADO O

Os portavoces dos grupos municipais do Concello de Bueu esixen unha “solución inmediata” á Xunta de Galicia que garanta o dereito da veciñanza da Illa de Ons a acceder a este espazo sen restricións.

Este mércores acudiron ata a Delegación territorial da Xunta en Pontevedra o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o portavoz do BNG, Xosé Leal; o seu homólogo de ACB, Julio Villanueva; a representante do Partido Popular, Elena Estévez, e o do PSOE, José Manuel Vilas.

Todos eles entregaron por Rexistro un documento no que esixen ao Goberno galego unha “solución inmediata” por parte do ente autonómico, así como a convocatoria urxente, de maneira telemática, dunha Mesa por Ons.

No escrito os portavoces municipais instan á resolución deste problema nun máximo de 24 horas pois, en caso contrario, a corporación bueuesa estudará a retirada da Declaración do Patrimonio que a Xunta pretende impulsar para o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se atopa Ons.

Os representantes da corporación aseguran que non están dispostos a aceptar o incumprimento do acordo ao que se chegou o 18 de setembro de 2019. Naquela ocasión acordouse establecer unha cota para insulares de 800 persoas en total. De existir unha demanda superior a esas 800 prazas preasignadas, bloquearíanse outras 300 da cota de visitantes, pero non con anterioridade nin na súa totalidade.

MESA DE DIÁLOGO

Ese foi o acordo ao que se chegou no marco dunha mesa de diálogo na que participou unha representación da veciñanza, os membros da corporación municipal, así como das consellerías de Medio Ambiente e Cultura.

Neste sentido, o alcalde de Bueu volveu a expresar o apoio incondicional á reclamación da veciñanza da Illa de Ons que estes días iniciou un peche no salón de plenos da Casa Consistorial en sinal de protesta ao non respectar a Xunta o sistema de cotas para o acceso ás súas vivendas.

O rexedor cualificou a actitude da Xunta de Galicia como “insensata, irresponsable e desleal coas persoas de Ons e co Concello de Bueu”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...