InicioSociedadeVigo é a cidade de Galicia máis afectada pola COVID-19 segundo o...

Vigo é a cidade de Galicia máis afectada pola COVID-19 segundo o estudo da Xunta

PUBLICADO O

O estudo de seroprevalencia do Sergas ratifica que o coronavirus COVID-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15 por cento, con Ourense como a provincia con maior porcentaxe, 1,88%, e A Coruña co menor, 1,07%.

Diso informou a Consellería de Sanidade que estima que “30.000 galegos están inmunizados”, deles 17.000 mulleres e 13.000 homes. En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar. Toda a inforación en Galicia Cofidencial.

Deste xeito informárono na rolda de prensa telemática de presentación do ‘Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia’ o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada.

En concreto, apuntaron que a prevalencia do virus entre a poboación galega aumenta conforme se incrementa a idade, polo que sitúa no 0,56% entre os galegos de 0 a 18 anos; sobe ao 1,09% entre os 19 e 64 anos e aumenta ao 1,64% entre o colectivo maior de 65 anos.

Por áreas sanitarias, a de maior prevalencia é a de Ourense, co 1,88%; seguida da de Vigo, co 1,64% e as de Pontevedra e Santiago, con máis dun 1%; mentres que a da Coruña sitúase como a de menor.

En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar; seguida de Ourense (1,8%), Pontevedra (1,24%) e Santiago (1,1%), coa Coruña, Lugo e Ferrol á cola, con menos dun un por cento. Por comarcas, a do Barco de Valdeorras sitúase á cabeza, como “única que supera o tres puntos de prevalencia”, afirmou Paz-Ares.

Os test da primeira onda para o estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o 23 de abril, concluíron o pasado 8 de maio para analizar a circulación do virus SARS-Cov2 na Comunidade galega, na que o Sergas contactou cunha mostra 50.925 participantes na mostra. E o Sergas asegurou que a segunda onda prevista farase “cando toque”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...