InicioSociedadeOs casos activos de COVID na área deVigo son 276

Os casos activos de COVID na área deVigo son 276

PUBLICADO O

.O número de casos activos de coronavirus en Galicia volveu a descender nas últimas horas, segundo os datos trasladados este luns pola Consellería de Sanidade, ata os 1.171 (28 menos que ata hai un día), o que supón unha baixada do 2,3 por cento. Con todo, a área sanitaria de Vigo é a que máis casos ten.

Así, Sanidade concretou que, dos casos activos, 339 correspóndense á área sanitaria de Vigo, 276 son da área da Coruña, 207 son da área sanitaria de Ourense, 182 son da área de Santiago, 75 da de Lugo, 57 corresponden á área de Pontevedra e 35 á de Ferrol.

Con respecto aos pacientes hospitalizados, hai 17 persoas en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), unha menos que hai un día, e outras 93 ingresadas en unidades de hospitalización convencional (tamén unha menos).

Por outra banda, hai 1.061 casos en seguimento domiciliario, e o número de persoas recuperadas ascende a 9.204, tras rexistrarse 49 altas nas últimas horas. Finalmente, con respecto ás probas realizadas, nas últimas 24 horas incrementáronse en 926, de modo que o total de PCR levadas a cabo en Galicia é de 126.758.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...