InicioSociedadeA área sanitaria de Vigo é a que máis casos activos de...

A área sanitaria de Vigo é a que máis casos activos de COVID-19 ten de Galicia

PUBLICADO O

Os casos activos de coronavirus en Galicia diminuíron ata os 1.199 afectados, 311 menos que o sábado; á vez que se rexistraron 335 altas que elevan os recuperados ata os 9.155, segundo explicou este domingo a Consellería de Sanidade. Desta maneira mantense a tendencia da evolución da pandemia que viña rexistrando os días pasados, aínda que o número de recuperados é menor que o rexistrado sábado, así como tamén o é o descenso dos casos activos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública precisou que este domingo a maioría de pacientes con COVID-19 concéntranse na área sanitaria de Vigo, con 352 infectados (49 menos que onte). Pola súa banda, a área da Coruña mantén 277 casos (-54), a de Ourense, 209 (-68), a de Santiago rexistra 187 (-57), a de Lugo 77 (-20), a de Pontevedra 62 (-31) e a de Ferrol 35 (-30).

Respecto da atención sanitaria que están a recibir os pacientes diagnosticado con COVID-19, a maioría reciben asistencia domiciliaria (1.087). Ao mesmo tempo, 94 persoas permanecen ingresadas en unidades de hospitalización convencional e 18 seguen na UCI, unha menos que onte.

Ata agora curáronse un total de 9.155 persoas e o Sergas segue realizando PCR para diagnosticar o virus. Durante a última xornada realizáronse un total de 1.724 PCR, que suman xa 125.832.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...