InicioSociedadeOs positivos entre traballadores do Hospital Vithas de Vigo sitúanse por baixo...

Os positivos entre traballadores do Hospital Vithas de Vigo sitúanse por baixo do 5%

Reactiva as consultas e as cirurxías ante a diminución do número de contaxios

PUBLICADO O

Dos case 400 traballadores que o Hospital Vithas ten en Vigo e Pontevedra, os positivos en coronavirus sitúanse por baixo do 5%, que é o nivel de seroprevalenia na poboación xeral española a pesar de que os profesionais do hospital entran en contacto con pacientes de COVID-19.

Así se desprende dos datos do estudo de seroprevalencia feitos públicos este sábado por Vithas Vigo, o primeiro hospital galego en dar a coñecer o estudo realizado entre todos os seus traballadores, tanto asistenciais como non asistenciais.

Diso informou Vithas nun comunicado, no que sinala que esta iniciativa forma parte do plan ‘Hospital seguro’ que puxo en marcha nos 20 hospitais e 26 centros médicos de España. “Os resultados, moi inferiores aos coñecidos doutros hospitais españois, constatan que os centros de Vithas en Vigo e Pontevedra son seguros para todos os seus profesionais e usuarios”, sinala.

Do total de test realizados entre os preto de 400 traballadores, os positivos sitúanse por baixo do 5%. O Hospital Vithas Vigo destacou que é o primeiro centro sanitario de Galicia que fai públicos os resultados do seu estudo de prevalencia entre o persoal. Un estudo que tira datos “inferiores aos que se pu

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...